jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Falece unha monxa da residencia Betania de Viveiro tras 80 anos de dedicación aos maiores

Residencia Betania de Viveiro. GOOGLE MAPS
Residencia Betania de Viveiro. GOOGLE MAPS
O funeral e enterro no cemiterio de Altamira da cidade celebrouse este xoves

A residencia Betania de Viveiro perdeu esta semana a outra das súas relixiosas. Trátase de sor Milagres Boleira González, quen faleceu aos 98 anos no asilo vivariense tras toda unha vida de servizo aos maiores. O funeral e enterro no cemiterio de Altamira da cidade celebrouse este xoves.

A monxa, natural de Lebosende, en Leiro (Ourense), entrou na residencia con tan só 19 anos, dedicando oitenta á vida consagrada. Desde 1941 asistía aos maiores deste asilo que rexe a congregación das Hermanitas dos Anciáns Desamparados.

O asilo despediu recentemente a outra das súas relixiosas, natural dunha parroquia de strong <>Mondoñedo. Sor Herminia dixo adeus aos 97 anos de idade, outra vida dedicada ao coidado dos maiores. Betania incorporou en datas próximas a unha monxa nova, aínda que na actualidade as vocacións están en descenso.

Falece unha monxa da residencia Betania de Viveiro tras 80 anos de...