Falece aos 80 anos Camilo Barcia, ribadense que foi embaixador en Xapón ou Suecia

Unha das súas afecións era navegar pola ría durante o verán. Tiña fortes vínculos con Vegadeo, onde nacera o seu pai

Camilo Barcia García- Villamil. EP
photo_camera Camilo Barcia García- Villamil. EP

O señor Camilo Barcia García- Villamil faleceu a pasada fin de semana en Madrid, aos 80 anos. Foi un asiduo visitante da comarca do Eo e de Ribadeo, onde nacera a súa dona, María Carmela Bustelo, prima do expresidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo.

Unha das súas afecións era navegar pola ría durante o verán. Tiña fortes vínculos con Vegadeo, onde nacera o seu pai, o internacionalista Camilo Barcia. Tanto el, como o seu irmán Emilio, ingresaran na carreira diplomática.

Foi representante permanente de España antes as Comunidades Europeas e embaixador de España en Abu Dhabi, Xapón, Nova Zelanda e Suecia. Na súa toma de posesión en Letonia lembrara o vínculo que
tiveran os portos de Ribadeo e de Riga.

Comentarios