A fábrica de Aluminio de San Cibrao terá 14 cubas activas esta semana

Alcoa executa o rearranque "segundo o previsto" e a próxima semana serán dúas máis
Fábrica de Aluminio de Alcoa en San Cibrao. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Fábrica de Aluminio de Alcoa en San Cibrao. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A fábrica de Aluminio de Alcoa en San Cibrao acabará esta semana cun total de 14 cubas en funcionamento e a próxima semana sumarase dúas máis ata chegar ás 16, a metade do compromiso adquirido cos traballadores para ter 32 arrancadas antes do 1 de abril.

Fontes da empresa informan o avance do proceso de rearranque das instalacións, que se realiza "segundo o previsto" e "con todos os criterios de seguridade e control". Precisan que empezaron esta semana con once cubas en funcionamento e que estes días están a activar outras tres, co que serán catorce ao finalizar.

Segundo o acordo asinado cos traballadores, no ano que vai desde o 1 de abril de 2024 ao 1 de abril de 2025 non se arrincarán máis cubas e nesa data terían que empezar a activarse o resto ata chegar ás 512 totais en outubro do próximo ano.

Comentarios