Unha estraña Semana Santa en Viveiro a causa do coronavirus

O silencio contrasta este ano co bulicio que o pasado xeraban uns 40.000 visitantes
 
A MARINA _PLAZA PASTOR DIAZ
photo_camera A Praza Maior de Viveiro, deserta este luns. JOSÉ Mª ÁLVEZ

En condicións normais a cidade do Landro iniciaría a súa semana grande co bulicio dos confrades ultimando os actos de cada día, o son de campás, tambores e cornetas ou os miles de visitantes que completaban a asistencia ás procesións con visitas guiadas, compras, viños e tapeo. "É unha sensación estraña, a estas alturas Viveiro estaría cheo de xente", apunta a alcaldesa, María Loureiro. O ano pasado o Concello cifrou nunhas 40.000 as persoas que acudiron pero nesta edición "inaudita" o baleiro aprópiase das rúas.

"A Semana Santa nunca deixou de celebrarse. Podían saír máis procesións ou menos pola choiva pero nas igrexas celebrábanse os actos e tamén estaba a exposición ‘Antesala dun Museo' para ver as imaxes dos pasos", recorda a rexedora, a quen "reconforta" que a decisión de suspender os actos sexa polo menos "por unha causa sanitaria" e que o próximo ano retomarán a celebración "con máis forza se cabe", conscientes do tirón que ten sobre todo desde a súa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

A Xunta de Confrarías anima a seguir o programa de procesións na súa canle de Youtube

Desde Xunta de Confrarías o seu portavoz, María del Carmen López, 'Chipe', recoñece que viven estes días "de maneira diferente polas circunstancias, ben tristes e ben dolorosas", unha pena que tratan de aliviar coa emisión na súa canle de Youtube e nas súas redes sociais das procesións e actos litúrxicos do 2019 á hora prevista no programa, ao que unen "grabacións especiais" de pregóns, exposicións, procesións extraordinarias ou de actos tan singulares da Semana Santa de Viveiro como o Encontro, con gravacións de hai xa varias décadas. "É unha Semana Santa diferente, virtual como nunca viviramos. Somos conscientes de que semanas santas vai haber moitas pero a vida dás persoas é só unha e iso é ou que temos que ter en conta", apunta Chipe.

A Xunta de Confrarías optou con todo por non emitir o luns a Tamborrada, xa que "era un sinal de alegría, de strong <>revoloteo de tambores, e non estamos a vivir esa experiencia".

 

Comentarios