A exposición dos 110 anos de El Progreso pode verse nos xardíns Noriega Varela de Viveiro

A exposición consiste en dez tótems triangulares con fotos impactantes e portadas representativas do diario

Exposición de El Progreso en Viveiro. EP
photo_camera Exposición do Progreso en Viveiro. EP

A exposición Somos Lugo ao 110% que impulsa o diario El Progreso con motivo do seu 110 aniversario recala este xoves nos xardíns Noriega Varela de Viveiro, onde se poderá visitar ata o vindeiro mércores 24.

Ao acto de inauguración acudiron representantes municipais como a alcaldesa, María Loureiro, mentres que por parte da empresa estarán o director comercial do Grupo El Progreso, José María Álvarez Vilabrille, ou o delegado na Mariña, Xavier Lombardero.

A exposición consiste en dez tótems triangulares con fotos impactantes e portadas representativas do diario a través das que narra os principais fitos vividos na provincia de Lugo ao longo destes 110 anos. Entre eles hai representación mariñá, como nunha gran fotografía do Resurrection Fest.

A exposición, de carácter itinerante, estivo xa en Lugo, Sarria, Foz e Burela. Logo de Viveiro pasará por Ribadeo, do 27 ao 31 de xullo, e a continuación por Chantada, Monforte e Vilalba.

Comentarios