domingo. 23.02.2020 |
El tiempo
domingo. 23.02.2020
El tiempo

Avalían aos primeiros candidatos para a residencia de Ribadeo

Fernando Suárez e Darío Campos asinan o convenio da residencia de Ribadeo. AMA
Fernando Suárez e Darío Campos asinan o convenio da residencia de Ribadeo. AMA

Hai 47 solicitudes e 30 delas teñen xa o expediente completo, co que se valora se se lles dá a praza e cal será a orde de entrada, que empezará a realizarse dentro de dúas semanas

A residencia de anciáns de Ribadeo está a piques de abrir. Os seus primeiros ocupantes comezarán a entrar na residencia case con seguridade no prazo de dúas semanas porque este martes reuniuse a comisión mixta de valoración na que se supervisaron as 47 solicitudes de prazas presentadas.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, confirmou que trinta desas solicitudes teñen a totalidade do expediente en regra "e poden ser pasadas ao sistema de valoración". Ademais, o rexedor avanzou que este venres se asinará o contrato de xestión de servizos coa empresa Clecesa "e nos primeiros días de xuño irán entrando na residencia os primeiros usuarios".

Esta circunstancia foi recibida polo rexedor "con moita alegría e con moita satisfacción" porque recorda que suporá a consecución dun "soño colectivo de Ribadeo".

A comisión que valorou os expedientes este martes está conformada por técnicos, tanto do Concello de Ribadeo como da Deputación, Proporán a aprobación do ingreso destas trinta persoas e a súa orde de acceso.

Suárez Barcia recoñeceu que poder ver como tras tanto traballo conseguen chegar ao final servizos públicos destas características "fan que adicarse a isto pague a pena".

Avalían aos primeiros candidatos para a residencia de Ribadeo
Comentarios