Evacuados os seis tripulantes dun pesqueiro de Viveiro afundido tras sufrir unha vía de auga

Outro barco que faenaba na zona trasladounos ao porto de Burela

O seis tripulantes do Pico da Lebre, unha embarcación con base en Celeiro, foron trasladados ao porto de Burela este xoves por outro pesqueiro que estaba na zona tras sufrir unha vía de auga cando faenaban a unhas trinta millas ao noroeste de Estaca de Bares.

Foi a propia embarcación a que avisou do problema a Salvamento Marítimo, que enviou á zona a Salvamar Alioth e ao helicóptero Pesca 2, aínda que os tripulantes foron recollidos polo Mendaña, que se encargou do traslado a porto.

El pesquero Pico da Lebre.EPA central de emerxencias do 112 tivo constancia do ocorrido ás 15.45 horas, a través do Servizo de Gardacostas de Galicia. 

O barco sinistrado, propiedade da sociedade Astilleros Cillero, afundiuse por completo, segundo confirman fontes de Salvamento Marítimo, que constatan que todos os tripulantes, que puideron abandonar o pesqueiro nunha barca salvavidas, están en bo estado.

Comentarios