Evacuada a usuaria dunha residencia que se indispuso na praia de Covas

Unha enfermeira que se atopaba na praia urbana vivariense foi a primeira persoa en asistir á muller
Zona de Os Castelos, en Covas. ARCHIVO
photo_camera Zona de Os Castelos, en Covas. ARCHIVO

Unha usuaria da residencia San Juan de Deus de Covas sentiu indisposta cando estaba a se bañar na zona de Os Castelos, razón pola que tivo que ser evacuada por unha ambulancia de Urxencias Médicas do 061, cuxo persoal tamén a atendeu no lugar antes de proceder ao traslado, que se fixo por precaución, aínda que a afectada xa parecía recuperada.

Unha enfermeira que se atopaba na praia urbana vivariense foi a primeira persoa en asistir á muller, que nun primeiro momento quedou inconsciente. A incidencia ocorreu xusto cando entraban a traballar os socorristas, cara ao mediodía, polo que lles avisaron e estes alertaron ao 061 para solicitar a súa axuda.

Máis en A Mariña