Estes son os gañadores da campaña do Día do Pai do CCHV

Campaña Viveiro
photo_camera Cartel da campaña do Día do Pai. EP

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) anunciou os gañadores da campaña do Día do Pai. Baixo o nome de Unha experiencia con papá, o 10 de marzo púxose en marcha esta iniciativa para a que se repartiron nos negocios asociados máis de 100 urnas de cartón onde os clientes podían depositar os seus tíckets de compra para participar no sorteo.  

A iniciativa tivo moi boa acollida, xa que foron numerosas as persoas que depositaron os seus tíckets de compra, acadando moitísima participación. Isto dá unha mostra da reactivación das compras no comercio local dende o momento no que se levantaron as máximas restricións e se permitiu a mobilidade entre concellos e se puideron recibir clientes doutras localidades, tanto da Mariña como do Ortegal. 

Os premios consistían en cinco caixas sorpresa Experience Comercio Local e outras cinco caixas sorpresa Experience Gastronomía local, por un valor total de 1.500 euros. O factor sorpresa dos premios levantou expectación.

A intriga mantense ata o último momento xa que o contido detallado de cada caixa será unha sorpresa ata cando se faga entrega dos premios aos gañadores, que será este venres 26 de marzo ás 16.00 horas.   

Os agraciados das cinco caixas Experience Comercio Local son: 

  • Carmen Franco, cun tícket de Paquetería Nuria 
  • Toñita Rouco Mendez, cun ticket de Supermercado Covirán La Ria
  • Heidy Nuñez, cun ticket de Albo Zapaterías
  • Sabela Taboadela Pernas, cun ticket de Peluquería Richard xFavor
  • Noa Vidal Gallardo, cun ticket de Cocolatte

Os agraciados das cinco Caixas Experience Gastronomía Local son: 

  • Pedro Piñeiro, cun ticket de Africa Copias
  • Carmen Teijeiro Nebril, cun ticket de Cocolatte
  • Ana López Peña, cun ticket de Librería Porta da Vila
  • Dolores Barro, cun ticket de Pastelería Fontenova
  • Teresa Ribeiro Travieso, cun ticket de Van Surf

Dende o CCHV agradeceron a alta participación dos clientes e valoran de "éxito rotundo" a campaña. Tamén destacan outras iniciativas postas en marcha, como o Fora Stocks e a campaña de envíos gratuítos ata maio tanto na Mariña como en Ortegal.

A asociación recorda que o comercio asociado abrirá o Xoves Santo pola mañá en horario de festivos de 11 a 14 horas. 

Máis en A Mariña