Un enxame de velutinas cóase na saída exterior dunha campá extractora en Ribadeo

Os bombeiros asperxeron os insectos e o electrodoméstico con veleno a fin de evitar que constrúan un niño nese lugar
Un nido de velutina. AEP
photo_camera Un nido de velutina. AEP

Un enxame de avispas velutinas coouse na saída da campá extractora dunha vivenda situada no lugar de Meirengo (A Devesa), pertencente ao municipio de Ribadeo. 

Unha dotación do parque comarcal de bombeiros de Barreiros acudiu na tarde deste domingo á casa para asperxer o electrodoméstico con veleno, tanto pola parte exterior como interior, a fin de evitar que os insectos iniciasen a creación dun niño no conduto.

Durante o proceso de fumigación, as avispas saían polo ventilador da campá, situado no interior da casa, polo que se optou por pechar a mesma para que o veleno forneza efecto e advertiuse aos donos do inmoble que non abran para limpar ata a xornada do luns.