Entran a roubar nunha casa de Barreiros e levan a tele

Os propietarios do inmoble úsano como segunda residencia

Os axentes da Garda Civil de Barreiros rexistraron unha denuncia polo roubo producido nunha casa do municipio que é unha segunda vivenda de persoas que non residen habitualmente nela.

Cando acudiron a visitala atopáronse con que acodes descoñecidas entraran na mesma. A casa estaba revolta aínda que finalmente denunciaron tan só que lles subtraeu unha televisión da que non estimaron o seu valor.

Estes roubos no municipio adoitan detectarse tarde, cando a xente acode á súa residencia vacacional.