O Encontro de Maiores organizado polo Concello de Ourol reuniu a 157 persoas

"Este é un encontro que os asistentes sempre agradecen moito porque lles serve para pasar unha xornada diferente", asegurou a edil Ana Rico
Algunos de los asistentes al encuentro. JM PALEO
photo_camera Algúns dos asistentes ao encontro. JM PALEO

O Encontro de Maiores organizado polo Concello de Ourol reuniu este domingo a 157 persoas no restaurante Louzao de Viveiro. "Este é un encontro que os asistentes sempre agradecen moito porque lles serve para pasar unha xornada diferente e a verdade estano pasando moi ben", recoñecía a concelleira Ana Rico.

O menú que degustaron os asistentes estivo composto por gambas, rape, tenreira e sobremesa con xeado e torta, ademais de cafés e licores. A tarde estivo amenizada polo dúo Vivarium.

No transcurso do encontro sorteouse unha cea para dúas persoas para o vindeiro venres no Louzao, que gañou un matrimonio de Xerdiz.

Comentarios