Cuarto roubo na Cervecería Kiko de Burela: tres encapuchados lévanse 1.500 euros

O asalto produciuse de madrugada e levaron o diñeiro de que contiñan a caixa rexistradora e o comecartos causando danos por 8.000 euros

2019061211244912848
photo_camera O cristal fracturado polos ladróns na cervecería Kiko. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Tres encapuchados fracturaron un par de portas na cervexería Kiko de Burela, onde se apoderaron da caixa rexistradora TPV para facerse cun botín de 1.500 euros, no que se inclúen os 300 euros que gardaban de cambio e o diñeiro dos caxetines do comecartos. "Levaron todo", indica o propietario, quen asegura que deberon de estar dentro uns dous minutos, pois ao saltar a alarma fuxiron. Vestían sudaderas, gorros e luvas. Ocorreu ás catro da madrugada do luns ao martes.

Os ladróns intentaron entrar pola porta principal, pero non puideron a pesar de rebentar a fechadura, polo que probaron nunha lateral e como non o conseguiron, recorreron a unha masa para fracturar un cristal de seguridade, de dúas por tres metros e composto por catro pezas superpuestas, cada unha de seis milímetros.

O dono lamenta os cuantiosos danos causados, cuxo importe estima nuns 8.000 euros e dos que xa deu conta ao seguro,que valorou o perito, ademais de presentar denuncia no cuartel da Garda Civil. é o cuarto roubo que sofre o establecemento.

Doutra banda, a Garda Civil investiga un roubo nun bar de Barreiros, do que levaron 250 euros da rexistradora e a recadación da máquina comecartos.