Elude a prisión ao emendar a desnutrición das súas vacas

O fiscal valorou a subsanación das deficiencias detectadas polos veterinarios da Xunta
Vacas en un campo. EFE
photo_camera Vacas nun campo. EFE

Un gandeiro mariñán aceptou este xoves no Xulgado do Penal número 1 de Lugo tres meses de prisión por ter vacas desnutridas na súa explotación de 64 exemplares 2015. Trátase da pena mínima, que ademais quedou suspendida de forma automática ao ser un feito puntual tras o que mellorou o benestar dos bóvidos, debido á venda de parte dos exemplares.

O fiscal valorou a subsanación das deficiencias detectadas polos veterinarios da Xunta durante as inspeccións do saneamento. Isto permitiu chegar a un acordo previo.

Comentarios