Ecoloxistas asturianos reclaman demoler a presa de Pé da Viña, no río Eo

Esperan que así se mellore a migración de salmóns, reos e anguías

Central de Pé da Viña. AMA
photo_camera Central de Pé dá Viña. AMA

A Coordinadora Ecoloxista de Asturias (CEA) reclamou este luns a demolición de presa de Pé da Viña, no río Eo, unha vez finalizada a concesión, para lograr unha mellora para a migración de salmóns, reos e anguías.

Nun comunicado, a organización conservacionista asegurou que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC) comunicou que esixirá a Enel Greenpower España que presente un proxecto para a demolición da presa.
Esta presa, que data do ano 1907, atópase entre San Tirso de Abres (Asturias) e Trabada (Lugo) .

Segundo a CEA, a demolición deste obstáculo suporá "unha notable melloría tanto para a calidade das augas como para a calidade do ecosistema fluvial do Eo".

Comentarios