sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

Doce persoas quedan encerradas nunha cafetería da Rapadoira ao irse a luz

A Rapadoira, en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ
A Rapadoira, en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Os efectivos desprazados puideron liberar de xeito manual o mecanismo

Os bombeiros de Barreiros e un técnico cristaleiro acudiron este xoves pola mañá ata unha cafetería situada fronte á praia da Rapadoira en Foz para desbloquear a porta de entrada ao local, no que quedaron encerradas doce persoas, debido a que o acceso, de carácter automático, non abría.

O bloqueo da porta produciuse supostamente por mor dun corte da subministración eléctrica. Os efectivos desprazados puideron liberar de xeito manual o mecanismo, o que permitiu saír aos clientes e os camareiros do establecemento.

Doce persoas quedan encerradas nunha cafetería da Rapadoira ao irse...
Comentarios