jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Tres do Vicedo chegan a Santiago en cabalo

Os cabaleiros da asociación Rías Altas, na Praza do Obradoiro. EP
Os cabaleiros da asociación Rías Altas, na Praza do Obradoiro. EP
O Camiño é unha experiencia para vivir polo menos unha vez, na que destaca o compañeirismo e que ao final sabe a pouco

O Camiño a Santiago é toda unha experiencia que este ano quixeron vivir tres cabaleiros da asociación Rías Altas do Vicedo. Son Pablo Mariño Fernández, Alejandro del Río Trasancos e Óscar Fernández Pérez, aos que se uniu dende Sarria o xinete Óscar Martínez Rodríguez, de Loiba. Os vicedenses fixeron un traxecto de 260 quilómetros entre Astorga e a capital galega. Os dous primeiros xa fixeran a ruta dende Vilalba hai dez anos e agora todos queren repetir cando se poida.

Pablo foi coa egua hispano árabe Rubia, Alejandro levou ao trotón español Caprichos e Óscar fíxoo co cruzado Thor. Os tres exemplares están de facer rutas case todas as fins de semana, polo que aguantaron ben aínda que algúns día caseque fixeron 60 quilómetros, a uns sete por hora, cos descansos necesarios para repoñer enerxías e beber auga. Elixiron setembro, arrincaron o día 20, para facer o Camiño porque xa non fai tanta calor. Había tempo que comentaban a posibilidade e este ano ao coincidir Xacobeo decidíronse, segundo Alejandro.

No Camiño, ao paso polos pobos de León. EPOs tres fan un balance positivo, aínda que atoparon un tramo con poucos bebedoiros para os cabalos e tamén contan que os albergues non están moi preparados, pois a maioría non teñen cuadras. "O resto foi fenomenal, había moita xente, cando entramos en Santiago había uns 1.200 peregrinos, a cabalo coincidimos entrando uns 17 e na praza había outros 14", sinala. Alejandro confesa que "fomos un pouco á aventura, os primeiros días levabamos tenda de campaña e acampabamos ao aire libre porque había moita saturación nos albergues, nos que só entrabamos para ducharnos os primeiros días, logo tivemos praza nalgún e algún día tamén tivemos que durmir nunha pensión".

Alejandro suliña que "foi unha experiencia moi boa, coñecimos un montón de xente, foi unha semana nada máis, pero por min xa repetía para o ano. Levamos cousas de máis, os primeiros días levamos un cabalo a maiores, que en realidade non facía falla, en Sarria mandámolo para a casa".

Fomos un pouco á aventura e levamos cousas de máis

Pablo cre que os albergues municipais deberían ter cuadras para os cabalos e ademais refire que en León non tiveron problema de bebedoiros, pero en Galicia tiveron que "tumbar nas casas para que nos deran auga para os cabalos nun caldeiro. É unha vergonza que haxa tantos quilómetros sen bebedoiros nin fontes", sobre todo na comunidade galega. Nos días de calor os equinos necesitan uns 60 litros, calcula. "Houbo días nos que nos vimos apurados, non atopabamos un regacho nin unha fonte, ás veces tivemos que desviarnos para chegar ata un río".

Do albergue do monte do Gozo destacan os servizos, a boa atención e o prezo razoable. Amósase tamén encantado cos peregrinos, "coñécese moita xente distinta, de todo tipo de razas e culturas, había centos sobre todo polas mañás", comenta e xa quere facer outra ruta para o vindeiro ano. Tamén quere repetir Óscar: "A ver se podemos probar o Camiño portugués ou inglés, e coñecer máis Galicia dunha forma distinta".

Moitos albergues locais non dispoñen de cuadras

Este vicedense destaca "o compañeirismo que hai entre a xente, que non coñeces de nada e preocúpanse por ti e polos teus animais, que chegaron sen problema. Vimos frescos pero cansos, porque este ano co covid-19 case non fixemos rutas e non estaban tan entrenados nin nós tan acostumados, pero levámolo ben".

Tres do Vicedo chegan a Santiago en cabalo
comentarios