Unha discusión orixinou a pelexa de Burela, segundo a avogada dun dos menores

A avogada dun dos menores relacionados coa os feitos ocorridos o pasado xoves en Burela puntualizou este luns "en nome da familia dun dos implicados", que "os menores descoñecían que o mozo que resultou con lesións tivese algún grao de discapacidade".

Neste sentido, explicou tamén que "os feitos empezaron cunha discusión entre ese mozo, que é maior de idade e os menores, e que acabou nunha típica pelexa, con agresións mutuas, finalizando no momento en que se deron conta de que o mozo tiña sangue na boca, momento no cal un dos menores acompañouno ata a súa casa onde foron recibidos pola nai do mozo, que foi quen chamou aos axentes da Garda Civil".