jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

O director da Comarca do Eo, Javier Rivera, abre o Entroido de Ribadeo

Javier Rivera, durante o pregón do Entroido de Ribadeo. EP
Javier Rivera, durante o pregón do Entroido de Ribadeo. EP
Sempre en clave de humor, mostrouse moi acedo co momento político e animou a gozar destas festas con espírito libre

O director do semanario de Ribadeo A Comarca do Eo, englobado no Grupo El Progreso, abriu co seu pregón as festas de Entroido da localidade. Fíxoo tras unha actuación do coro do Sagrado Corazón e ante un Teatro sen unha butaca libre.

Sempre en clave de humor, mostrouse moi acedo co momento político e animou a gozar destas festas con espírito libre e salpicando en todo momento o seu pregón de chiscadelas a personaxes populares da localidade.

Asistentes ao pregón do Javier Rivera en Ribadeo. EP

O director da Comarca do Eo, Javier Rivera, abre o Entroido de Ribadeo
Comentarios