Díaz confirma que o Goberno e a Xunta traballan na posibilidade de expropiar Alcoa

Destacou ademais que a desta empresa é a única industria que existe en España para a produción do aluminio primario
La ministra de Trabajo y Economía Social, Yolanda Díaz. ATIENZA (EFE)
photo_camera A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz. ATIENZA (EFE)

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, asegurou este xoves que lle consta que o Goberno de España e a Xunta de Galicia están a traballar na posibilidade de expropiar Alcoa. 

Díaz, en declaracións a La Sexta recollidas por Europa Press, afirmou que "claro que é posible" expropiar ou nacionalizar esta empresa, que antes era pública e que agora "resístese á posibilidade de venda". 

"Temos unha empresa que pode substituír a Alcoa e Alcoa só ten interese en ter unha cota de mercado. Alcoa é para a provincia de Lugo o 30% do seu PIB, é a vida de multitude de familias", sinalou a ministra. 

Díaz destacou ademais que a desta empresa é a única industria que existe en España para a produción do aluminio primario, ao que cualificou como "o material do século XXI". 

Así mesmo, a titular de Traballo expresou a súa solidariedade cos traballadores da fábrica de San Cibrao e co presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, que está suxeito á posibilidade dun despedimento. 

Comentarios