Devorado un xabaril en Xove supostamente polo lobo

Un veciño achou o animal morto preto das casas do núcleo urbano, ata onde se cre que o arrastrou o depredador
Restos del jabalí hallado muerto en A Casilla-EP
photo_camera Restos do xabaril atopado morto na Casilla. EP

Un veciño da localidade de Xove achou un xabaril supostamente devorado polo lobo nas inmediacións das casas do núcleo urbano. O xovense alertou aos vixiantes do Concello, que acudiron á zona onde apareceu o mamífero e cren, polo rastro e as pisadas que quedaron nese lugar, que o depredador puido arrastralo ata as proximidades da estrada, na Casilla,situada á entrada de Xove.

Os vixiantes indican que todo apunta a que os lobos puideron matalo xa preto da fonte do
barrio de Pumariño. O ataque produciríase na noite deste mércores ao xoves pasado,
aínda que o veciño localizou o xabaril ao redor do mediodía deste xoves. Quen viu os restos do mamífero asegura que "lle comeu incluso os ósos".

O peso estimado do xabaril atacado polos depredadores sería duns 50 quilos, segundo cálculos de Pancho, un dos vixiantes do Concello xovense, quen cre que os lobos teñen o seu cubil na zona da canteira do Cruceiro e apunta que el mesmo viu un macho grande e unha femia delgada, que cre que haberá parido nesta tempada.

Comentarios