Detidos dous ribadenses por estafar 2.000 euros na venda de maquinaria por internet

As vítimas interpuxeron a denuncia en Oleiros e Vimianzo
Un agente que participó en el operativo. GUARDIA CIVIL
photo_camera Un axente da Garda Civil. ARQUIVO

O Equipo de Estafas Telemáticas de A Coruña detivo a dous veciños de Ribadeo  por supostamente estafar 2.000 euros ao finxir a venda de maquinaria agrícola por internet, segundo informou o Instituto Armado. 

Os feitos ocorreron por mor das denuncias interpostas polas vítimas nas dependencias da Garda Civil de Oleiros e Vimianzo, nas que comunicaban localizar anuncios de venda de maquinaria agrícola nun coñecido portal de compra venda de internet. 

Unha vez alcanzado un acordo económico realizaron o ingreso do importe pactado pero non recibiron o envío do artigo comprado. 

Tras lograr a identificación dos autores, a Garda Civil procedeu á detención destas persoas e púxoas, xunto coas actuacións realizadas, a disposición de xulgado de Instrución de garda da Coruña.