domingo. 13.06.2021 |
El tiempo
domingo. 13.06.2021
El tiempo

Dous detidos por sendas pelexas con agresións en Foz e Burela

Un agente de la Guardia Civil
Un axente da Garda Civil. ARQUIVO

Dúas persoas foron detidas tras sendas pelexas ocorridas nas localidades de Foz e Burela. Axentes da Garda Civil arrestou a un home na vila focense ao que atribúe un suposto delito de homicidio en grao de tentativa, despois de que causase diversas lesións a outra persoa no transcurso dunha discusión.

Esta agresión ocorreu na mañá do pasado domingo entre dous veciños da localidade focense que ao parecer non son familiares. Descoñécense as causas polas que se iniciou a rifa e a gravidade das feridas que sofre a persoa lesionada, que tivo que ser atendida no centro hospitalario.

A Benemérita tamén investiga a unha muller residente na localidade de Burela por un delito de lesións cometido con arma branca. A agresión produciuse durante unha pelexa ocorrida na madrugada do sábado ao domingo pasado.

As persoas implicadas nesta pelexa son veciñas do mesmo inmoble e a vítima sufriu feridas de diversa consideración nunha perna.

Dous detidos por sendas pelexas con agresións en Foz e Burela