Detidos por roubar a outros autocaravanistas en praias desde o País Vasco a Barreiros

Unha parella que viaxaba nunha furgoneta cos seus fillos menores, acusada de polo menos 17 furtos
Objetos requisados en la operacion. GUARDIA CIVIL
photo_camera Obxectos requisados na operacion. GARDA CIVIL

A Garda Civil de Oviedo detivo a un mozo de 21 anos e unha moza de 22 como presuntos autores do roubo de obxectos en vehículos estacionados en praias da Mariña, Asturias e o País Vasco. Viaxaban cos seus fillos menores nunha furgoneta vivenda e os axentes seguíronlles a pista tras as denuncias de roubos de canas, mochilas, roupa de cama e diñeiro, lentes, libros electrónicos, un televisor e outros efectos noutras autocaravanas e coches estacionadas en praias como Peñarronda (Castropol) e Barayo (Navia). 

Tras interceptalos no occidente astur e rexistrar o vehículo púidose analizar os obxectos intervidos, que leva a esclarecer ata 17 delitos de roubo ou furto nas localidades de Barreiros, Ribadeo, Zarauzt, Castropol, Navia, Pravia, Castrillón, Sabugo e Concha de Artedo, non descartándose outros máis vinculados á mesma parella.

A detida, nai dos dous menores, foi posta en liberdade para facerse cargo dos nenos. 

Comentarios