Detidos en Mondoñedo por cultivar marihuana e incorrer en fraude eléctrica

Son dous veciños de 43 e 44 anos
Material incautado en Mondoñedo. EP
photo_camera Material incautado en Mondoñedo. EP

A Garda Civil practicou durante a tarde do xoves na localidade de Mondoñedo a detención de dous veciños deste municipio, de 43 e 44 anos de idade, como supostos autores de delitos contra a saúde pública polo presunto cultivo de marihuana e outro relativo a unha fraude no consumo de fluído eléctrico que estarían a realizar cun enganche irregular á rede.

A investigación iníciase precisamente tras ter coñecemento de que nunha vivenda situada no termo municipal de Mondoñedo estaba a producirse un consumo inusualmente elevado de electricidade tras modificar con anterioridade o contador do inmoble. Segundo as fontes consultadas esta situación estar a producir desde hai tempo, é dicir, varios meses, aínda que non precisan con exactitude a duración desta fraude.

Neste operativo localízase e intervén no interior do inmoble afectado un sistema de cultivo de marihuana, localizando uns 1.500 gramos supostamente desta planta coñecida como a planta cannabis sativa, mentres que no exterior da vivenda os axentes que levaron a cabo a inspección acharon un total de 35 plantas que presumiblemente serían tamén de marihuana.

As dúas persoas detidas por estes feitos serán postas a disposición do xulgado competente na cidade de Mondoñedo durante as próximas horas, pois este xoves atopábanse aínda detidas en dependencias da Garda Civil.

Os axentes da autoridade atribúen aos presuntos autores un delito contra a saúde pública, tipificado no Código Penal, o que implicaría o castigo con penas de prisión de tres a seis anos e a correspondente multa, que de determina en función do valor da droga ou sustancia e dos danos que a mesma poida causar á saúde.

Comentarios