Detido un veciño de Viveiro por causar danos nun centro de saúde e nunha ambulancia

O home está tamén acusado de intentar agredir aos facultativos médicos

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Viveiro de 46 anos como presunto autor dun delito de resistencia por supostamente causar diversos danos nun centro de saúde e nunha ambulancia medicalizada.

Segundo informou o Instituto Armado, o individuo, ademais, está acusado de intentar agredir a facultativos médicos.

Por todo iso foi detido ás 6,00 horas deste martes na localidade lucense de Foz como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia a axentes da autoridade.

Os feitos, relataron as mesmas fontes, tiveron lugar na madrugada deste martes cando este individuo foi identificado tras causar danos, pendentes de cuantificar, nun centro médico e nunha ambulancia da localidade de Foz e intentar agredir a persoal médico.

Está previsto que a persoa detida pase este martes a disposición xudicial, indicaron as mesmas fontes.

Comentarios