Detido un veciño de Viveiro por unha agresión machista en Lugo

A vítima acudiu ao Hula e alí activaron o protocolo por violencia de xénero

Agentes de la Policía Nacional durante un operativo. EP
photo_camera Axentes da Policía Nacional. EP

Axentes da Policía Nacional detiveron este martes a un veciño de Viveiro por unha agresión machista ocorrida en Lugo.

A vítima acudiu ao Hula a que a curasen de lesións compatibles con violencia de xénero e alí activaron o protocolo.

O xulgado de Viveiro decretou este martes pola tarde a súa posta en libertade e afastamento a 300 metros da muller, que reside na capital. Ao parecer xa tiveran discusións antes, pero non hai rexistro de denuncias.

Máis en A Mariña