Detido por tentativa de roubo nun locutorio de Viveiro

Os axentes puideron seguir o seu rastro e localizalo no seu domiciloo
Comisaría de Viveiro. AEP
photo_camera Comisaría de Viveiro. ARQUIVO

Axentes da comisaría da Policía Nacional de Viveiro detiveron no seu domicilio un home, como presunto autor dunha tentativa de roubo nun locutorio de casco antigo da cidade, cuxa porta forzara para acceder ao seu interior, sen chegar a subtraer nada.

As informacións achegadas polos veciños permitiron aos axentes seguir o rastro do detido e localizalo no seu domicilio, onde foi detido presentando feridas por cortes compatibles cos danos no locutorio. O arresto tivo lugar na madrugada do pasado martes.