Detido o presunto autor do atraco en Foz, que utilizou unha pistola de aire comprimido

Accedeu ao establecemento con pasamontañas e luvas a unha hora na que o resto de tendas lindeiras están pechadas
Avenida da Mariña de Foz. ARCHIVO
photo_camera Avenida da Mariña de Foz. ARCHIVO

A Garda Civil detivo este xoves o presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación ocorrido nun establecemento comercial de Foz.

No atraco do martes á tenda de lambetadas, o presunto autor accedeu ao establecemento a unha hora na que o resto de tendas lindeiras están pechadas, portando un pasamontañas, luvas e unha arma curta, coa que tras ameazar á dependenta, instouno a entregarlle a recadación da máquina rexistradora. Na fuxida perdeu varios billetes nas inmediacións do establecemento, segundo sinalou o instituto armado.

Froito da investigación, indica a Garda Civil, "constátase que a arma curta utilizada é unha pistola de aire comprimido". O detido foi posto este venres a disposición xudicial.