Detido un home en Foz polo suposto roubo dun vehículo en Mondoñedo

O home, veciño de Ferrol de 39 anos, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Mondoñedo que será o que siga a causa.

A Garda Civil detivo en Foz á primeira hora da tarde do pasado luns a un veciño de Ferrol de 39 anos de idade como suposto autor dun delito de subtracción de vehículo sen intimidación polo roubo dun coche cometido en Mondoñedo pouco antes desta detención.

Segundo explica o Instituto Armado nun comunicado feito público este martes, os feitos polos que foi detido o home tiveron lugar sobre as dúas da tarde do mesmo luns cando autores descoñecidos subtraeron un vehículo que se atopaba na estación de servizo de Mondoñedo.

Unha vez practicada a detención do home, os axentes da Garda Civil devolveron o coche aos seus lexítimos propietarios.

O detido, pola súa banda, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Mondoñedo que seguirá a causa

Comentarios