Detido en Viveiro por un presunto delito de posesión e venda de drogas

Ao home, que quedou en liberdade, incautáronlle marihuana, anfetaminas e cogomelos alucinógenas

A Policía Nacional de Viveiro detivo o pasado luns a un home no transcurso dun dispositivo contra o consumo e venda de estupefacientes, ao ser pillado tras intercambiar droga con outra persoa nas inmediacións do campo de fútbol de Cantarrana. 

Os axentes interviñeron ao comprador unha bolsa de plástico con 7,2 gramos de marihuana en cogollos, ademais dunha dose de cocaína dun gramo, mentres que ao vendedor fóronlle incautados dous billetes de cincuenta euros froito, cren os axentes, da venda de droga.

No posterior rexistro do domicilio do autor dos feitos localizáronse varios frascos de cristal que contiñan cogollos de marihuana aptos para a venda, cun peso total de 360 gramos, así como preto de 54 gramos de anfetaminas en diferentes presentacións, ademais dun bote con cogomelos alucinógenas, as coñecidas como ‘monguis' e cun peso de 2,3 gramos.

Os axentes da comisaría vivariense localizaron tamén de bolsas de plástico con peche hermético e recortes plásticos dispostos para a dosificación das sustancias e unha báscula de precisión.

O detido foi posto a disposición xudicial na tarde do martes e foi decretada a súa posta en liberdade.