Detectados seis positivos en covid nunha residencia de maiores de Alfoz

Os casos activos en instalacións de Galicia elévanse a 32
Una prueba PCR. EFE
photo_camera Unha proba PCR. EFE

Aumentan os casos de coronavirus entre usuarios de residencias de maiores de Galicia. O balance actualizado este martes pola Xunta revela que son 32, tras sumarse seis positivos nunha residencia vivenda comunitaria de Alfoz e computarse os dous coñecidos este luns no centro de Ribadeo.

Estas instalacións engádense ás que xa tiñan casos activos: Santo Estevo de Perlío de Fene —con 18—, Bo Día Magnolio de Vigo (2), Concepción Arenal da Coruña (2), Caser A Zapateira da Coruña (1) e a residencia de Val do Dubra (1).

Tamén se elevan os positivos en centros de atención a persoas con discapacidade, onde tamén hai actualmente 32. Case todos corresponden ao Fogar e Clínica de San Rafael, que ten 31 tras sumar 10 na estatística deste martes. O outro positivo detectouse no CAPD de Sarria.

Máis en A Mariña
Comentarios