A Garda Civil detivo en Foz dous veciños desa mesma localidade da costa lucense como supostos autores dun delito de roubo de combustible en maquinaria pesada. Os feitos polos que ambos os individuos foron detidos sucederon o pasado 8 de abril nunha canteira dese mesmo municipio.
Supostamente, lograron subtraer dos depósitos dunha escavadora e unha pa mixta uns 100 litros de gasóleo, logo de forzar os tapóns do combustible. Ambos foron postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro como supostos autores dun delito de roubo con forza.