A Mariña: un destino para gozar en clave slow

Os últimos datos turísticos da Xunta apuntan a unha subida do 12% no número de visitantes á zona
Asistentes a la presentación de A Mariña en Fitur. AMA
photo_camera Asistentes á presentación da Mariña en Fitur. AMA

O acto principal de A Mariña na feira internacional de turismo, Fitur, foi a presentación da Mancomunidade de Concellos da Mariña baixo a lema A Mariña lucense en 5 experiencias slow. "Queremos un turismo sostible, respectuoso co medio ambiente e ao longo de todo o ano e por iso traballamos na filosofía do turismo slow", recoñeceu o presidente da entidade, Alfredo Llano, que interveu na presentación, ademais da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de turismo de Ribadeo, Pablo Vizoso; o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e o presidente da Deputación, José Tomé.

O acto, que contou coa presenza das delegacións institucionais desprazadas a Madrid, estivo centrado en cinco vídeos nos que se desenvolveu a iniciativa de turismo slow Norte de Galicia, as rutas de artesanía, as audioguías teatralizadas e as rutas xeolóxicas e da faba. "Na Mariña temos 28 establecementos de turismo slow con características comúns de sostibilidade", dixo Llano.

De datos falou Balseiro, que subliñou que entre xaneiro e novembro do ano pasado, a comarca incrementou a cifra de viaxeiros aloxados nun 12% ata alcanzar os 156.000.

As delegacións desprazadas a Madrid tiveron este xoves unha xornada chea de reunións. No caso de Ribadeo, o alcalde e o concelleiro de turismo xunto ao presidente e o xerente de Acisa centraron a súa mensaxe no legado indiano, As Catedrais e o Camiño Norte. "Queremos que o peregrino organice a súa viaxe en Ribadeo e que visite tanto a catedral natural como a espiritural, é dicir, a praia dás Catedrais e a catedral de Santiago", explicou o edil de turismo.

Viveiro presenta nos seus reunioes o patrimonio natural e histórico, ademais da Semana Santa e o Resurrection Fest e a alcaldesa fixo un balance positivo recoñecendo que "os operadores de turismo internacionais coñecen e recomendan a nosa vila".

A aposta focense é o turismo de calidade e desestacionalizado, polo que os seus contactos estiveron encamiñados neste sentido, así como nas tecnoloxías aplicadas ao turismo. A alcaldesa de Barreiros escolleu axencias e medio vinculados a destinos non masificados e a regidorea de  Mondoñedo centrouse nos servizos. Tamén o edil de turismo de Cervo estivo presente en Fitur.