Un desprendemento deixa sen ningún acceso á praia focense de Arealonga

O Concello pechou a entrada ao areal desde Nois  A outra baixada leva bastante tempo sen poder ser usada
Zona del desprendimiento, en Arealonga. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Zona do desprendemento, en Arealonga. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Un desprendemento no acceso á praia focense de Arealonga desde a parte de Nois deixa a este areal sen ningunha entrada, xa que desde parte de Fazouro hai tempo que non se pode baixar polas condicións na que se atopa a baixada xa desde hai bastante tempo.

O Concello xa procedeu a pechar a zona por seguridade con cintas e colocou carteis que avisan de que se prohibe o paso polo perigo que existe de que se produzan novos desprendementos. "Hoxe (por onte) foi cando procedemos ao peche do acceso para que ningún veciño se achegue ao areal e poda haber algún tipo de perigo", explicou o alcalde, Fran Cajoto, que indicou que xa se puxo en contacto con Costas para abordar esta situación e o xeito de solucionala canto antes. "O asunto aínda está recente, polo que aínda non se avaliou a situación, pero xa nos puxemos en contacto con Costas para darlle unha solución o antes que sexa posible", engadiu.

Nesta zona do areal na parte de Nois xa hai anos que foi necesario construír un dique para evitar os continuos derrubamentos que se producían no cantil e que incluso puñan en perigo a vía do tren. E é que Arealonga é unha praia na que golpea moito o e no inverno incluso chega a desaparecer o areal.

Ademais o areal alberga unha turbera, o que fai necesario ter moito coidado coas actuacións que se executan para non producirlle danos.

A praia non poderá ser usada ata que se solucione o problema nun dos dous accesos existentes

PROBLEMA. Con respecto ao acceso desde Fazouro, Cajoto explicou que as escaleiras de formigón xa están terminadas, pero que aínda non teñen varandas, polo que tampouco é posible acceder ao areal por esta parte. De feito, hai xa tempo que é imposible baixar á praia por el, unha situación que foi obxecto das críticas dos veciños en varias ocasións, xa que é unha praia moi usada polos residentes na zona. Tamén son moitos os surfeiros que optan por ela cando o mar é propicio para a práctica deste deporte.

Agora co outro acceso tamén pechado, a praia non poderá ser usada ata que se solucione o problema nun dos dous accesos existentes.

Comentarios