Denuncian que o pintado da fábrica de Sargadelos desvirtúa o edificio

Operarios pintan estes días o frontal do inmoble, no que introducen cores como o negro, o vermello, o amarelo ou o azul

Actuación en la fachada de la fábrica de Sargadelos. AMA
photo_camera Actuación na fachada da fábrica de Sargadelos. AMA

A asociación Mariña Patrimonio denunciou ante a Consellería de Cultura e o Concello de Cervo as intervencións que se están levando a cabo na fachada do edificio circular da fábrica de Sargadelos no municipio mariñán, pois ao seu xuízo "están a transformar e desvirtuar o emblemático edificio".

Operarios pintan estes días o frontal do inmoble, no que introducen cores como o negro, o vermello, o amarelo ou o azul. Segundo a información que manexa o colectivo, estes traballos de pintura na fachada que se están realizando "non contan coa perceptiva autorización da Consellería de Cultura —da Dirección Xeral de Patrimonio— nin coa necesaria licenza municipal", polo que instan a unha "inmediata paralización" das actuacións e esixen que a fachada "deste importante ben patrimonial" volva ao seu estado orixinal.

DÍAZ PARDO E SEOANE. Recordan desde Mariña Patrimonio que o complexo industrial foi declarado Ben de Interese Cultural na categoría de monumento no ano 2014 e que estas intervencións modifican o inmoble, "unha obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat que se construíu no concello de Cervo en 1968 por encargo de Isaac Díaz Pardo e de Luís Seoane", apuntan.

Comentarios