Denuncian a perda de 25 axentes da Garda Civil na Mariña

Marcelino García y Borja Fernández
photo_camera Marcelino García e Borja Fernández. EP

A Unión de Gardas Civís critica a perda de 25 axentes na Mariña como consecuencia do último movemento de persoal no instituto armado (por cambios de destino, xubilacións, etc), o que deixará aínda máis en precario os cuarteis da comarca para atender as urxencias e as patrullas de seguridade cidadá. 

Foz, Ribadeo, Burela e Barreiros, as localidades que necesitan máis reforzos 

Piden máis efectivos na Comandancia de Burela, especialmente de face ao verán cando se multiplica por tres a poboación e poboacións como Foz, Ribadeo, Burela e Barreiros necesitan reforzos de gardas. Segundo o presidente en Galicia de Unión GC, Marcelino García, e o secretario na Mariña, Borja Fernández, deberían cubrirse as 25 vacantes de agora e parte das que se foron xerando en anos anteriores, ademais de destinar á Mariña gardas en prácticas e en comisión de servizo desde outros puntos máis tranquilos no verán. Considerqn que os dez axentes que chegarán, segundo anunciouse antes deste movemento de 25, son insuficientes para atender as incidencias na costa.

Comentarios