Denuncian que lle cargaron na tarxeta un billete de avión e un hotel sen o seu consentimento

O veciño de Viveiro denunciou un cargo na súa conta de case 300 euros
Comisaría de Viveiro. AMA
photo_camera Comisaría de Viveiro. AMA

Un veciño de Viveiro denunciou un cargo de case 300 euros na súa tarxeta de crédito, á que lle cargaron compras en varios establecementos virtuais, entre eles unha habitación de hotel e un billete de avión. A denuncia foi presentada na Comisaría da Policía Nacional, cuxos axentes están a facer xestións para identificar á persoa que fixo uso deses servizos, que non ten por que ser o delincuente que se fixo cos datos.

As forzas da orde alertan deste tipo de estafas que proliferan na rede, en ocasións por culpa ‘de hackers' que conseguen roubar os datos das tarxetas usadas en provedores de internet; uns códigos que achandan o camiño para suplantar a identidade do titular da conta, aínda que tamén se dan casos de comprar en páxinas sen garantías.

Comentarios