lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Denuncian o uso dun castro como aparcadoiro de autocaravanas en Barreiros

Autocaravanas no castro da punta de San Pedro de Benquerencia. ADEGA
Autocaravanas no castro da punta de San Pedro de Benquerencia. ADEGA

Adega e Mariña Patrimonio puxeron o caso en mans do Seprona

Adega e Mariña Patrimonio denunciaron ante o Seprona da Garda Civil a utilización do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros, como aparcadoiro de autocaravanas.

Este castro, explican ambos colectivos, é "un ben patrimonial incluído no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros e a súa cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección patrimonial".

Por iso, enganden, esta normativa outórgalle ao castro unha proteccion que consideran "que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes vehiculos". Segundo Adega e Mariña Patrimonio, esta práctica podería estar provocando "danos no xacemento",

"Probablemente se están realizando actividades contrarias á normativa urbanística e, ademais, poderían estarse levando a cabo sen contar coas correspondentes licenzas e autorizacións", rematan, antes de solicitar que, no caso de darse esta situación, se paralicen "as actuacións contrarais a dereito nun ben patrimonial".

Denuncian o uso dun castro como aparcadoiro de autocaravanas en...
comentarios