A denuncia dunha pontenovesa leva á Garda Civil a identificar por estafa a un veciño de Madrid

A muller realizou dous pagos de 2.000 e 1.900 euros a través dunha empresa de mensaxería
La mujer localizó el coche a través de internet
photo_camera A muller achegou, ao pór a denuncia, o correo electrónico e o número de conta no que fixo os ingresos. ADP

A Garda Civil identifica a un veciño de Madrid como suposto autor dun delito de estafa a través de internet. Foi unha pontenovesa a que puxo aos axentes sobre a pista, ao decatarse de que podía estar a ser vítima dunha estafa pola compravenda dun coche.

A muller, nunha páxina web de vehículos, viu un coche que lle interesaba, cun prezo de 3.900 e púxose en contacto co vendedor para a súa adquisición, ao que realizou dous pagos de 2.000 e 1.900 euros a través dunha empresa de mensaxería, que o vendedor lle indicou que exercía de intermediaria.

Ao reclamarlle un terceiro pago, de 1.500 euros en concepto de fianza, a muller decatouse de que podía ser unha estafa e contactou coa empresa de mensaxería, confirmándolle que non é procedemento que seguen e que xa tiñan máis chamadas por feitos similares.

Por iso, a veciña da Pontenova decidiu interpor unha denuncia, aínda que só puido achegar o correo electrónico e o número de conta onde fixo os ingresos, que correspondía a unha entidade bancaria dedicada á mediación de activos financeiros. Sobre o seu titular pesan detencións por diversos delitos, entre eles estafa, apropiación indebida e contra a saúde pública.

Máis en A Mariña
Comentarios