Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

Defraudados 400 euros a un veciño de Viveiro cunha App dunha entidade bancaria

Caixeiro. ARQUIVO
Caixeiro. ARQUIVO

A Policía Nacional investiga que método utilizou o autor dos feitos para facerse co diñeiro

Un veciño de Viveiro denunciou unha fraude a través de internet por 400 euros. O autor fíxose co diñeiro a través dun caixeiro, aínda sen localizar. O cargo efectuouse cunha aplicación móbil da entidade bancaria tras obter datos da conta e facéndose pasar polo titular.

A Policía Nacional realiza pescudas para coñecer se o autor duplicou os datos ou se deu de alta no servizo a través doutro teléfono móbil.

Os autores deste tipo de feitos adoitan burlar as cámaras de seguridade con que adoitan contar os caixeiros cubríndose cunha gorra a fin de tapar a cara ou ben con algunha outra peza de vestir para non ser descubertos

Defraudados 400 euros a un veciño de Viveiro cunha App dunha...
Comentarios