Decretada a alerta amarela por vento e ondada na Mariña

Este mércores choverá con intensidade en toda Galicia
Oleaje en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Ondada en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Mapa coa previsión de MeteogaliciaA costa galega volverá este mércores a estar en alerta amarela por fenómenos costeiros. Os ventos soprarán fortes, de compoñente sur, con refachos superiores a 80 quilómetros por hora no noroeste da Coruña e na Mariña. 

A alerta amarela por vento está activada en todo o litoral, así como a laranxa por ondas de ata seis metros por mar de fondo no noroeste da Coruña e a Costa da Morte, que co paso das horas será amarela.

Unha fronte moi activa afectará este mércores a Galicia, deixará ceos moi nubrados e abundantes precipitacións, que serán máis intensas e persistentes no interior de Pontevedra e no suroeste e oeste da Coruña. De feito, segundo a predición de Meteogalicia, nestas zonas activouse a alerta amarela pola posible acumulación de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas entre a medianoite e as 18 horas.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Nas grandes urbes galegas, os termómetros non baixarán dos 10 graos que se rexistrarán en Lugo, mentres que en Pontevedra, Vigo ou A Coruña quedarán en 12 de mínima. En canto ás máximas, alcanzaranse os 16 graos en Ourense, pero na capital lucense non se superarán os 14ª. Na Boa Vila ou a cidade olívica tocarán teito nos 15º.

Comentarios