"Non debín saír de Coimbra o venres 13", di o mariño do Walkabout

O piloto do catamarán que chocou co Xan evitou o seu afundimento e repararao na Coruña
Philip y Lena, los dos tripultantes del catamarán siniestrado. D.V.
photo_camera Philip e Lena, os dous tripultantes do catamarán sinistrado. D.V.

Tomando un café tras outro na bañeira do catamarán, saudando con bo humor a todo o mundo que se achegaba para ver as desfeitas do seu barco e con ganas de volver ao mar. Así se atopaban este sábado Philip e Lena, os dous tripulantes do Walkabout que sufriron unha abordaxe sobre as cinco e media da madrugada do venres a máis de 70 millas de Bares. "Non debín saír de Coimbra o venres 13" para esta viaxe, aseguraba o piloto do catamarán amarrado ao peirao de Celeiro, sobre a mala sorte dunha travesía que, no entanto, non dá por errada.

O Walkabout, propiedade dun armador australiano estaban a levalo en tránsito desde unha mariña almeriense e porto británico cando chocou na escuridade co volanteiro de Cedeira O Xan, con base e venda habitual en Celeiro. Foi un gran susto no que o veleiro de fibra levou os danos, con proa rota, a estrutura e o pau metálico derrubado en pedazos sobre as placas solares.

Philip afanouse en cortar cabos e velamen para evitar irse a pique coa ondada. "A tripulación do pesqueiro dicíanos que abandonásemos o catamarán e saltásemos pero non quixemos e mantivémolo á boia; despois remolcáronnos por popa ata chegar a Celeiro", explicaba a portuguesa Lena. Arribaron sobre as catro da mañá e co día xa xestionaran a axuda do seguro e a inspección e preguntas das autoridades marítimas da Mariña, que decidirán sobre o caso.

A intención de Philip é levar o veleiro reparar á Coruña, onde hai empresas expertas. "Con pequenos arranxos, os dous motores do catamarán e un día de calma podo ir alí", di este lobo de mar de Coventry que serviu na Royal Navy británica nos anos 60 e 70, viviu en Paquistán e agora faino en Coimbra.

Comentarios