Dan negativo os 11 tripulantes que estaban confinados nun barco no porto de Burela

Nas primeiras probas realizadas, oito deran positivo
El Punta do Xuncos. D.V
photo_camera A Punta do Xuncos. D.V

Os 11 tripulantes da palangreiro Punta do Xuncos, que se atopaban confinados no porto de Burela, deron negativo nos PCR realizados. O alcalde, Alfredo Llano, informou de que "todos" os individuos que se atopaban a bordo en corentena deron negativo en Covid-19, o que valora como "unha boa noticia". 

O barco, con base en Burela, tivo que volver a porto hai uns días ante a sospeita dun caso da enfermidade. Nas primeiras probas realizadas, oito arroxaron un resultado positivo. 

Dos 15 tripulantes, catro estaban xa nos seus domicilios en corentena porque deron negativo de inicio. Mentres, 11 permanecían a bordo. Algúns dos tripulantes son residentes na zona. 

O rexedor explica que agora, en función do que acorden co armador, os tripulantes "poden optar a calquera cousa, seguir faenando ou irse para casa". 

Máis en A Mariña
Comentarios