jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

Dá positivo unha traballadora do xeriátrico de Xove por un caso importado de Barcelona

Un sanitario realizando un test PCR. EUROPA PRESS
Un sanitario realizando un test PCR. EUROPA PRESS
Os 126 internos do centro serán sometidos ás probas PCR este venres

A residencia de maiores San Bartolomé de Xove activou o protocolo anticovid ante o positivo dunha traballadora, confirmado na xornada do xoves, polo que este venres faranse as PCR aos 126 internos que existe no centro para confirmar se están contaxiados. "Confiamos en que os resultados estean canto antes", confirman desde a fundación que rexe o xeriátrico.

A coidadora forma parte dunha familia de tres membros residente en Viveiro, que recibiu no seu domicilio a mediados de mes a outros familiares procedentes de Barcelona, un dos cales comezou a desenvolver síntomas compatibles co coronavirus, polo que lles fixeron as probas e os seis deron positivos. "De inmediato activouse o protocolo e confinouse á familia e están todos illados cumprindo a corentena", segundo confirmou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quen recorda que estes novos casos proceden dun caso importando e non están aínda contabilizados no reconto diario da Consellería de Sanidade, ao ter constancia do mesmo na tarde do xoves, pero se incluirán no parte deste venres.

As traballadoras que comparten quenda coa coidadora de Xove tamén foron illadas por precaución e o centro non poderá abrirse ás visitas, tal e como estaba previsto proximamente ao levantarse as restricións na comarca.

Dá positivo unha traballadora do xeriátrico de Xove por un caso...
comentarios