A Consellería de Política Social comunicou este mércores que unha traballadora que entraba a facer unha sustitución na residencia da terceira idade de Burela deu positivo por Covid-19.
Segundo explicaron dende a consellería, a muller entrou a traballar ás tres da tarde e ás catro e media chamárona para comunicarlle o resultado positivo na enfermidade. "Trátase dunha persoa asintomática a que fixera as probas para entrar a traballar", precisaron. Tanto a persoa afectada como os seus compañeiros de quenda foron enviados aos seus domicilios.
Dende a consellería explicaron que o tempo que a muller estivo na residencia coincidiu en gran parte coa hora da siesta dos residentes, polo que o contacto deles coa persoa contaxiada "foi mínimo".
Nestes momentos dende a consellería están valorando a posibilidade de facer novas probas do virus na residencia: "Agora mesmo estase facendo o estudo dos contacto e iranse seguindo as indicaciones das autoridades sanitarias" co obxectivo de manter a seguridade.