O cura de Celeiro deixa a parroquia para dedicar máis tempo ao hospital

O encargado a partir de agora da parroquia será Juan José Novo Gabeiras

José Ángel Fernández. J. ÁLVEZ
photo_camera José Ángel Fernández. J. ÁLVEZ

José Ángel Fernández López, sacerdote de Celeiro, deixará a parroquia vivariense para dedicar máis tempo ao seu labor como capelán do Hospital da Costa, en Burela, un labor que compaxinará coa de levar varias parroquias do Valadouro. Levaba en Celeiro desde febreiro de 2015, cando chegou procedente da Pontenova.

O encargado a partir de agora da parroquia de Celeiro será Juan José Novo Gabeiras, que levaba varias freguesías no municipio de Xove.

Comentarios