Cubertas só 3 de 25 vacantes para garda civís na Mariña

O sindicato UGC denuncia "abandono" á costa e repercusión no tempo de resposta
Agentes de la Guardia Civil.EP
photo_camera Axentes da Garda Civil.EP

O sindicato UniónGC denuncia o déficit de persoal da Garda Civil na comarca da Mariña lucense, cuxo destacamento perdeu 25 axentes no último concurso de traslados a outros destinos, cuxo resultado se coñeceu no pasado mes de xaneiro. A convocatoria do Goberno para reposisición só incluíu tres prazas, cuxa cobertura se coñeceu este luns. Os representantes sindicais lamentan que unicamente se cubriron tres de todas as existentes na costa.

O número de efectivos que chegarán a todos os cuarteis adscritos á Comandancia de Lugo é de cinco. A Unión de Gardas Civís (UGC) considera que se está abandonando á provincia en canto a número de axentes e tamén debido ao envellecemento do persoal priorizando outras zonas en base a que a zona supostamente é máis segura.

A UGC indica que aínda podería perderse algunha praza máis, ao ser viable que algún axente poida optar a postos que quedaron vacantes. Isto produciríase se solicitan algunha das prazas que quedaron sen cubrir, tanto nalgún punto da provincia como noutras localidades ou provincias de España. Entre estes posibles baixas non contan a marcha de strong <>quen poidan ascender, que obrigatoriamente tamén cambian de destino.

O sindicato indica que a diminución de efectivos afectará o tempo de resposta, ademais de orixinar que sexa imposible atender algún servizo por estar os axentes ocupados noutra actuación. Esta situación agravarase no verán, sobre todo nas localidades máis poboadas, como Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo, que ven multiplicada a súa poboación de xeito considerable nesa época, debido ao incremento do turismo. A UGC indica que a crise incidiu negativamente na taxa de reposición.