viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

A crise sanitaria obriga á suspensión da romaría focense Bispo Santo

Una edición anterior de la romería del Bispo Santo. AMA
Una edición anterior de la romería del Bispo Santo. AMA
O evento estaba previsto do 15 ao 17 de maio

A asociación cívico cultural Bispo Santo, organizadora da romaría no monte de Foz de que toma o nome, anuncia a suspensión da cita deste ano, prevista do 15 ao 17 de maio, debido á crise sanitaria polo Covid 19. 

A romaría focense é a primeira gran cita festiva masiva do ano na comarca da Mariña e ao animado calendario de eventos que abría queda neste exercicio con ser unha das primeiras das moitas cancelacións que se agardan.

O monte focense acolle desde hai décadas a centos de romeus de Foz e doutros concellos limítrofes, que acoden a gozar en cuadrillas e en familia de varios días de diversión, coas comidas campestres e a música como epicentro da festa.

A crise sanitaria obriga á suspensión da romaría focense Bispo Santo
comentarios