sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo

Os cribados na Mariña deixan 41 casos positivos

Personal sanitario realiza un cribado en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ / ARCHIVO
Persoal sanitario realiza un cribado. VITORIA RODRÍGUEZ
ás probas realizadas en Foz, Ribadeo e Viveiro sumaránselles as de Burela e Cervo deste martes

Os cribados masivos levados a cabo o venres e o sábado na Mariña entre mozos de 18 a 30 anos dos concellos de Foz, Ribadeo e Viveiro deixaron 41 positivos. Segundo indicou este luns o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, en Foz detectáronse once casos, en Ribadeo 14 e en Viveiro, 16.

Nestes cribados participaron 1.446 persoas das 3.372 convocadas, o que supón menos da metade dos citados. En Foz había 833 mozos convocados e asistiron 344, en Ribadeo chamouse a 834 persoas e acudiron 414 e en Viveiro dos 1.705 citados asistiron 688. Ante estas cifras de asistencia, Arias fixo un chamamento á participación nos cribados que levarán a cabo esta semana en Burela, Cervo e Lugo capital. 

As probas en Burela serán mañá martes, no pavillón Vista Alegre e citarase a través dunha mensaxe de texto a 1.000 mozos.

O cribado en Cervo tamén será o martes, de catro a seis da tarde no pavillón municipal da Veiga, en San Cibrao. Convocarase a 300 persoas. E en Lugo será o mércores e o xoves, en horario de tarde, na facultade de Veterinaria para 3.000 persoas convocadas.

Os cribados na Mariña deixan 41 casos positivos
comentarios